Benvida aos visitantes

Benvida aos visitantes
01 de Xuño, 2026 - 05:39 h. | Publicada por Radio Fene

Coa chegada do mes de xuño entrou en servizo a Oficina Municipal de Turismo de Fene. Recen aberta xa recibiu aos primeiros peregrinos. Falamos do servizo de atención a visitantes que ofrece o Concello, contando co apoio da Deputación da Coruña, coa responsable municipal de Promoción Económica, Ángeles Coira, e coa técnica que atende a Oficinal, Inés María Díaz. 

 

ESCOITA O PODCAST:

De Madrid, os Estados Unidos, Italia e Vigo proceden os primeiros usuarios da Oficina Municipal de Turismo que funcionará ata acabar o mes de setembro. A concelleira de Promoción Económica destacou o éxito que supuxo o cambio de ubicación da Oficina que agora está a pé do Camiño, preto do Concello e a carón do río. O paso do Camiño de Santiago por Fene é un gran reclamo turístico como demostra o feito de que “o Camiño atrae moitísima xente, a redor do 90% dos visitantes que recibe a Oficina son peregrinos, é a porta para que coñezan o concello e poidan volver”, di a técnica de Turismo que recomenda especialmente a praia de río Sandeu “téñolle cariño, é moi bonita, moi tranquila”.

Institucional

Publica o teu comentario agora