Bernardino Graña, máis de 50 anos de criación literaria

Bernardino Graña, máis de 50 anos de criación literaria

13 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O premio do Facho de Ouro honrará a máis de 50 anos de criación literaria. A Agrupación cultural da Coruña entregarálle o galardón ao escritor e poeta Bernardino Graña o sábado 29 na cidade herculina. O autor ven de publicar na Editorial Embora de Ferrol a farsa para representar por monicreques ou por persoas “Larpancia saborosa do lobo e a raposa”. Graña recolle unha tradición literaria eu

Graña recibirá o 29 de xaneiro o Facho de Ouro ao home de ben, unha distinción, que busca premiar ao académico  pola súa traxectoria na defensa da dignidade e da cultura de Galicia. O Facho organiza un acto cívico e unha cea homenaxe o sábado 29 de xaneiro no Hotel Riazor da Coruña para entregar este galardón.

Bernardino Graña (Cangas, 1932) pertenceu a Brais Pinto en Madrid. Xunto a Méndez Ferrín, Fernández Ferreiro, Raimundo Patiño ou Herminio Barreiro, Graña fundou este histórico grupo cultural nos anos 50. Entre os seus títulos poéticos destacan obras como Non vexo nin Vigo nin Cangas. Como narrador publicou unha ampla obra dedicada ao público infantil e xuvenil e tamén obras para adultos, como é o caso de Protoevanxeo do Neto de Herodes, co que gañou en 2006 o Premio Eixo Atlántico. Ingresou na Real Academia Galega en xuño de 2010 cun discurso centrado na tradición dos contos.

Cultura