ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A biblioteca de Xermade abre a súa programación de outono con dúas actividades de contacontos programadas para este mes de outubro. As dúas actuacións son parte do programa “Letras Vivas” que se leva a cabo no concello chairego e terán lugar mañá e o vindeiro sábado 24.
A compañía Tarabelos, dedicada principalmente ao teatro infantil, será a encargada de levar adiante unha particular visión do conto do Gato con botas, que leva por título “¿A qué cheiran os contos?”. A función comezará mañá mércores ás 18.00 horas no Salón de Actos da Biblioteca de Xermade e está dirixida a nenos menores de 7 anos.
No mesmo lugar, pero o próximo sábado 24 de outubro ás 12.30 horas, será Migallas Teatro quen faga as delicias de cativos e familia coa súa obra “Canta Contos”. Esta compañía galega amosará a súa propia versión de contos tradicionais ou textos de creación propia arranxados con cancións, música ou sons para espertar emocións nos pequenos.
Día Internacional das bibliotecas
Ademais, desde a biblioteca pública de Xermade celebrarase especialmente o Día Internacional das bibliotecas, que terá lugar o sábado 24 de outubro. A maiores da programación da obra de Migallas Teatro, desde a dirección do centro se invitará a todas as persoas que visiten o edificio a ollar todos os servizos da biblioteca e darlles unha orientación acerca da súa páxina web e do seu catálogo.