A Biblioteca de Xermade celebra o Día do Libro cun obradoiro de Ilustración e unha exposición itinerante

A Biblioteca de Xermade celebra o Día do Libro cun obradoiro de Ilustración e unha exposición itinerante

22 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Biblioteca pública de Xermade organizará un obradoiro de ilustración con motivo do Día Internacional do Libro. Esta actividade estará impartida polo debuxante Jacobo Fernández e terá lugar o vindeiro venres 24 ás 19.00 horas na sala infantil do edificio xermadino. Para poder participar é preciso inscribirse antes do 23 de abril no teléfono 982 50 10 55, a través d

Outra das iniciativas relacionadas con esta festividade cultural será a presenza da exposición itinerante “Plantando Libros”, que ven desde o Concello de Guitiriz e permanecerá na biblioteca de Xermade ata o 7 de maio. Esta exposición, creada pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), reúne a 39 ilustradores e 39 escritores co obxectivo de facer unha homenaxe á relación entre os libros e a natureza, e na que os autores inverten o proceso creativo habitual, facendo os escritores textos baseados nas ilustracións que son concibidas previamente.

Sociedade