Bica e arrinca

Campaña en Fene para evitar aglomeracións nos centros escolares
06 de Novembro, 2020 - 11:49 h. | Publicada por Radio Fene

"Bica e arrinca" é o lema da iniciativa que o concello de Fene pon en marca para evitar as aglomeracións na contorna dos centros escolares da zona urbana. Trátase de que os pais e nais deixen aos nenos nos centros escolares sen demorarse. Aplicarase en San Valentín e Avenida do Tarrío.

ESCOITA O PODCAST:

A dia de hoxe son 79 as persoas infectadas e 136 os contaxios estreitos. Esta mañá no espazo As Foxas, a voceira do grupo municipal do BNG, Sandra Permui, aportou os últimos datos da incidencia da Covid en Fene. Destacaba que onte por fín a Secretaría Xeral de Sanidade convocou aos representantes municipais a unha xuntanza telemática xunto cos outros concellos en alerta vermella. Lamentabase Permui do peche da hostalería desde as doce desta noite e demanda rápidas axudas a un sector que é dos máis castigados neste momento. Tamén está o concello alerta cos centros escolares despois de que a Xunta lles demandase estar preparados para un suposto peche. En relación cos coles, o concello lanzou a proposta denominada “Bica e arrinca” que consiste en pintar un lugar onde os papás e mamás deixan aos pequenos preto do colexio, e marchen o antes posible. Todo para evitar aglomeracións nas contornas dos centros máis urbanos. Aplícase na avenida do Tarrío para os centros Centieiras e Jorge Juan e en San Valentín nas inmediacións de A Xunqueira.

Sociedade

Publica o teu comentario agora