Bicos e abrazos nas Seychelles

Bicos e abrazos nas Seychelles

20 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Os tripulantes do Alakrana abrazaron xa aos seus seres queridos a primeiras horas desta mañá. O atuneiro vasco chegou a Porto Victoria nas illas Seychelles, onde estaban agardando, entre outros, os familiares dos oito mariñeiros galegos.Tres dos tripulantes foron trasladados a un centro hospitalario para realizarlles un chequeo e comprobar se se atopan en condicións de coller o vóo con destino Madrid que sairá ás 8 desta tarde.

Os tripulantes do Alakrana desembarcaron en Puerto Victoria, todos eles sans e salvos. Agardábannos os familiares dos oito mariñeiros galegos, así como os achegados dos pescadores doutras nacionalidades, pero non estaban os parentes dos vascos, que agardarán aos mariñeiros en Madrid onde está prevista a chegada ás 8 da mañá de mañá sábado.

Os 36 tripulantes do Alakrana finalizaron así o seu inferno. Durante 47 dias o atuneiro estivo tomado por piratas somalíes. Entre tanto, o xuiz Santiago Pedraz abriu a investigación en torno aos bufetes de avogados de Londres que actuan de intermediarios nos secuestros do océano Indico. 

 

Sociedade