Bilinguismo amable

Bilinguismo amable
13 de Decembro, 2024 - 11:41 h. | Publicada por Radio Fene

O Partido Popular de Fene opina que o modelo lingüístico da Xunta ten éxito. Por iso, no último pleno municipal votou en contra da moción do BNG que pide medidas ao Goberno galego a prol da nosa língua. O voceiro do PP, Gumersindo Galego, tamén fixo un balance negativo da xestión municipal durante este ano.

ESCOITA O PODCAST:

“Galicia vive un bilinguismo social, cultural e amable”, defende o voceiro do PP no Concello de Fene. Axuiza negativamente a xestión municipal durante este ano. “Non hai impulso de proxectos novos”, afirma. Para o ano que vén ponlle ao Goberno local “os mesmos deberes que lles vimos poñendo nos últimos seis anos, os temas cruciais para os veciños non avanzan”, sostén Gumersindo Galego que rexeita a posibilidade de que o Concello se endebede para facer obras. “Iso me asusta, nós deixamos a débeda cancelada”, apunta o voceiro do PP.

Institucional

Publica o teu comentario agora