BNG, Anova e Esquerda Unida únense contra a reforma electoral do PP

BNG, Anova e Esquerda Unida únense contra a reforma electoral do PP

12 de Setembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A reunión aberta convocada polo BNG contra a reforma electoral “antidemocrática” que promove o PP conclúe cunha primeira toma de contacto e coa vontade expresa das organizacións participantes, -BNG, Anova, EU, CIG e FRUGA-, de traballar para lograr unha fronte común que plante cara ás pretensións do partido de goberno e de iniciar unha campaña explicativa á sociedade dada gravidade do que se consideran “un atentado instit

Os representantes das entidades que acudiron á convocatoria acordaron manter unha nova reunión dentro dun mes, -en concreto fixada para o 17 de outubro- coa expresa vontade de sumar novas voces e novos colectivos e formular propostas para conformar esa fronte común. En concreto, avanzouse a intención de facer unha campaña social explicativa das repercusións da reforma do PP, sen descartar un calendario de mobilizacións.

“Concluímos que é absolutamente necesario facer esa fronte común contra a reforma antidemocrática do PP, que resta pluralidade política e que consideramos un golpe de estado á democracia, máis aló de que se pacte deixar a proposta ata despois dos comicios municipais de maio de 2015”, explicou Goretti Sanmartin, secretaria de Política Municipal.

Sanmartín subliñou que a contrarreforma do PP “vai seguir estando enriba da mesa”, pese a que a contestación das forzas políticas, sindicais e colectivos sociais fixera “recuar” aos populares aprazando a reforma. “É necesario aproveitar este espazo de tempo para facer unha intensa campaña social do que significa a reforma, de cales son as súas bases, para que a cidadanía saiba que está en xogo”, recalcou.

Neste sentido, o BNG e as outras organizacións participantes, explicou Sanmartin, “coincidimos en considerar moi importante que se sumen máis voces a esta fronte común e comprometémonos a traballar no próximo mes para que, cada unha das organizacións e dos colectivos aquí presentes, falen a súa vez con outras organizacións e colectivos para que se activen e estean dispostos a unha nova xuntanza para traer propostas concretas, para desenvolver unha intensa campaña social do que significa este atentado á democracia e pór en riba da mesa mesmo mobilizacións”.

En nome do BNG, a secretaria de Política Municipal agradeceu a participación das organizacións asistentes e os acordos acadados de convocar unha nova reunión para o 17 de outubro, traballar cada un desde o sen ámbito para ampliar a participación na fronte común, e formular propostas concretas como as xa avanzadas de realizar unha campaña social de explicación da contrarreforma e mesmo a opción de mobilizacións.

Entre os asistentes, ademais de Goretti Sanmartin polo BNG, Carlos Portomeñe e Xabier Ron por EU, Rafael Dopico e Esther Duro por Anova, Marga Corral pola CIG e Manuel da Cal, por FRUGA.

Sociedade