BNG e PP alaricanos levarán ao pleno deste mes sendas mocións en contra e a favor do Decreto para o plurilingüismo

BNG e PP alaricanos levarán ao pleno deste mes sendas mocións en contra e a favor do Decreto para o plurilingüismo

24 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O pleno municipal alaricano reúnese este venres a partir das 19:30h na sesión plenaria ordinaria correspondente ó mes de febreiro. A orde do día centrarase na declaración de recoñecemento da escritura de donación de bens ó concello de Allariz por Don Felipe Aranceta Núñez e varias mocións present

O veciño de Nanín, Felipe Aranceta, realiza a donación dunha finca situada a carón da capela de Santa Olaia, un terreo de 1870 metros cadrados que permitirá ó concello de Allariz mellorar este espazo cunha área recreativa.

O pleno debaterá, ademais, dúas mocións presentadas polo bloque nacionalista galego, contra o decreto do galego no ensino e de apoio a unha agricultura libre de transxénicos. Pola súa parte o partido popular presentará unha moción en relación ó sistema de pensións, Os populares tamén instarán á Xunta de Galicia a aprobación dun Decreto de fomento do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

O pleno será retransmitido en directo por Radio Allariz (107.2fm) e através da páxina web www.allariz.com

Institucional