Boa acollida

Boa acollida
29 de Maio, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Practicar distintas modalidades de ioga e ao mesmo tempo axudar a dotar de auga a comunidades de Mozambique. Ese é o propósito dunha iniciativa da entidade Sabana Atlántica que se celebra este domingo en Fene, no pavillón da Xunqueira. Conta coa colaboración da Concellería de Deportes. Dos últimos preparativos informou en Radio Fene Silvia Rivas, representante de Sabana Atlántica.

ESCOITA O PODCAST:

Quedan aínda algunhas prazas para participar na xornada de Ioga Solidario que está a ter moi boa acollida, segundo informou Silvia Rivas.  En canto ao programa, informou de que antes de comezar as sesións de ioga darase información dos proxectos humanitarios de Sabana Atlántica. Despois, de 9.30 a 13.30 haberá tres sesións de ioga, comezando pola máis activa ata rematar coa relaxación, dirixidas por cinco profesores. O prezo da actividade é de 10 euros que se destinarán a rehabilitación de dous pozos de auga en Mozambique.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora