ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Gran resposta das mulleres de Fene e da comarca á convocatoria de Por+Vida para participar na Carreira da Muller que se celebra o domingo, día 22 na Coruña, segundo informou Mónica Fernández, secretaria da asociación oncohematolóxica.
Dous autobuses fletou Por + Vida para trasladar ás 113 mulleres da comarca, de Fene, Narón, Ferrol, Pontedeume e Valdoviño, que tomarán parte na Carreira da Muller. Sairán de Fene ás oito e media. Viaxan decididas a facer un percorrido de 6,3 quilómetros que dará comezo ás 10:00. Mulleres de todas as idades que correrán ou camiñarán polo paseo marítimo coruñés, entre a zona da praza de Portugal e a Torre de Hércules.
Imaxe: Dia da Saúde das Mullleres en Fene. 28-05-2024
Publica o teu comentario agora