A boa que comeu un elefante cabe no twitter

A boa que comeu un elefante cabe no twitter

25 de Xaneiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por

Hai uns días saiu do prelo a viséxima edición en galego de 'O Principiño', obra que na editorial Galaxia publicamos no ano 1972 en tradución de Carlos Casares. Co gallo deste acontecemento a Editorial Galaxia bota a andar un concurso en twitter que pretende animar aos internautas, a través desa rede social, a elaborar un breve texto que explique por que lles gusta 'O Principiño'.

A través do hashtag #gustameoprincipiñopor todas e todos os que o desexen poderán participar no certame en rede dende hoxe mesmo ata o vindeiro 7 de febreiro (dúas semanas en total), completando os 140 caracteres que nos permitirán saber que é o que nos gusta desta obra inmorrente. Entre todos os participantes elixiremos o mellor texto que levará como premio unha edición en tapa dura da obra de Saint-Exupèry así como un exemplar de todas e cada unha das obras literarias de Carlos Casares, tradutor do libro e coleccionista de edicións en distintas linguas da obra.

Cultura