A boa reputación

A boa reputación
23 de Decembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Empresas e persoas poden sufrir crises reputacionais. Provocadas ás veces por comentarios negativos e noutros casos por campañas mal intencionadas de descrédito. Falamos do tema en Radio Fene co psicólogo José Barcia Tuccelli.

ESCOITA O PODCAST:

No mellor dos casos unha crise deste tipo é unha oportunidade para darlle a volta e conseguir que non teña o impacto negativo agardado. Para iso a primeira medida é non ignorar o problema, sinala Barcia Tuccelli. Pero tampouco se debe actuar rapidamente se non queremos aumentar a gravidade do dano xerado “Como nos primeiros auxilios sanitarios”, di o psicólogo, “hai que manter a calma, observar e analizar e despois actuar”. Ante un comentario negativo ou unha campaña convén facer uso do sentido do humor. Se hai conflito, Barcia Tuccelli recomenda evitar a súa exposición a ollos de todo o mundo.

Sociedade

Publica o teu comentario agora