Boas festas

Boas festas
25 de Abril, 2024 - 03:29 h. | Publicada por Radio Fene

Pendentes do tempo, pero con moito entusiasmo ultímanse os detalles para as Festas de San Marcos en Sillobre esta fin de semana. Informou dos preparativos en Radio Fene Alberto Anca, da comisión organizadora.

ESCOITA O PODCAST:

“Ganas de troula sempre hai, pero todo o vai marcar o tempo, o ano pasado tivemos un día espléndido”, lembra Alberto Anca. Música e baile, fogos, arroz, callos e churrasco. Gran oferta no programa de festas de San Marcos que comeza coa misa do día do patrón, o xoves, ás sete da tarde. Venres, sábado e domingo haberá actuacións musicais, sesión vermú e verbena con Eli Aveiro, Grupo Lume, Grupo Fusión e Grupo Eureka. En previsión de que poida chover, a organización anuncia que o campo da festa estará cuberto por unha carpa. A organización das festas dá moito traballo, pero a comisión recoñece a colaboración da veciñanza “sempre se porta ben, non temos un pero que dicir”, agradece Alberto.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora