Boas gangas

Boas gangas
04 de Setembro, 2026 - 02:34 h. | Publicada por Radio Fene

A Charanga de Carmiña actuará esta tarde polas rúas de Fene. O comercio vive o Outlet durante toda a fin de semana. Dezaoito establecementos ofrecen atractivas rebaixas desde esta mañá ata o domingo.Nas primeiras horas do Outlet andaban moi atarefadas nos comercios participantes. Puidémolo comprobar nas conversas que mantivemos con Begoña López, María Permui e Xoana González. 

 

ESCOITA O PODCAST:

Visitamos algúns dos establecementos comerciais para palpar o ambiente nas primeiras horas do Outlet de Fene que sempre é un éxito, como explican as profesionais coas que falamos esta mañá. Para compradores é unha oportunidade magnífica na que atopar gangas e tamén coñecer o avance da nova tempada. Para o comercio local é unha ocasión de dar saía á mercadoría que non se vendeu durante o verán.

O Outlet é unha iniciativa coa que o Concello, consciente da importancia económica do tecido comercial, aposta por manter a vitalidade do comercio local e na que conta co apoio da Deputación da Coruña. A concelleira de Promoción Económica, Angeles Coira, destaca a importancia económica do tecido comercial

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora