Boas ofertas

Boas ofertas
28 de Febreiro, 2023 - 12:34 h. | Publicada por Radio Fene

Moitas ofertas en roupa de inverno e tamén de verán, tallas soltas de anteriores temporadas. Son as prendas que porá a venda Berline Boutique no Outlet de Fene. Visitamos a tenda que rexentan en Perlío Irene Fernández e Belén Cuesta, situada na avenida de Marqués de Figueroa, 50

ESCOITA O PODCAST:

“Venres, sábado e domingo, imos participar no Outlet con moitas ofertas, quen nos visite tamén poderá ver a nova colección”, anuncia Belén. “De todo, camisas, abrigos, pantalóns, bolsos, complementos, roupa das anteriores campañas, poden encontrar de todo, é moi boa oportunidade para comprar”, avanza Irene. Ofrecerán descontos desde o 50% e ata o 80%. Levan anos participando na iniciativa de dinamización do comercio local e a experiencia “é positiva, isto é mover un pouco o comercio, un balón de osíxeno”. Nesta edición, “esperamos que haxa moita xente e que o tempo acompañe”. Berline Boutique está a punto de cumprir seis anos e as súas xerentes están moi satisfeitas coa fidelidade da súa clientela, con idades que van dos 25 ata máis dos 90 anos e que procede de Fene e doutros puntos da comarca. E animan a toda a veciñanza de aproveitar a celebración do Outlet para pasear por Fene e visitarse os establecementos que participan nesta feira de oportunidades organizada polo Concello e a Asociación O Cruceiro de Comercio, Hostalería e Servizos.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora