Boas prácticas educativas

Boas prácticas educativas
27 de Setembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A inicios do ano 2018, Ana Traseira asumiu a dirección do centro asociado da UNED en Lugo e dende entón non se deixou de traballar nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. As boas prácticas educativas postas en marcha converteron á Institución nun referente en materia de Axenda 2030.

ESCOITA O PODCAST:

Para facernos unha idea do familiares que son os ODS neste centro dirixido por Ana Traseira, este ano fixéronse unhas xornadas de comunicación de centros asociados e a UNED de Lugo foi convidada para falar da súa estratexia de comunicación baseada nos ODS. As boas prácticas en materia de igualdade de xénero levaron ao centro a gañar un premio do Consello Social da UNED. Son moitas as actividades que esta Institución ten en marcha para seguir regando a alianza histórica que conforman a UNED e o territorio dentro da era do desenvolvemento sostible. No programa Onda ODS de Radiofusión, a propia directora do centro, Ana Traseira explícanos cales son estas exemplares iniciativas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora