Boas sensacións

Boas sensacións
25 de Febreiro, 2025 - 02:29 h. | Publicada por Radio Fene

“As sensacións volven ser boas”. Satisfacción do adestrador do Perlío, Rafa Afonso, tras o partido do domingo en Caranza. Na Terceira División Galega Feminina, Galicia de Caranza 1-1 Perlío. 

 

ESCOITA O PODCAST:

Suma outro punto o Perlío nun partido condicionado polo forte vento. “O equipo adaptouse e soubo ler ben o encontro, na primeira parte tocounos xogar en contra do vento, fomos dominadoras e puidemos levar o peso do encontro”.  O equipo foi quen de reaccionar logo de que se adiantaran as locais. “Gustoume moito a reacción do meu equipo, en vez de virse abaixo, aos dous minutos conseguiu o gol do empate”, aplaude o adestrador.

O domingo recupérase un partido aprazado en decembro polo mal tempo. Recibe nos Pinares ao Xuventude de Crendes. 

Deportes

Publica o teu comentario agora