ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Pasadas as rebaixas o comercio de Fene celebrou con éxito unha nova edición do Outlet no que ofreceron á clientela produtos a prezos moi atractivos. O Outlet arrancou con mal tempo o venres, pero tanto o sábado como o domingo estiveron perfectos para a realización das compras, destacou a concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira.

Nesta edición do Outlet de Fene, unha iniciativa organizada pola Concellería de Promoción Económica, participaron dezasete establecementos. Puxeron á venda as mercadorías que lles quedaran pendentes das rebaixas de inverno durante tres días e a clientela tamén tivo ocasión de coñecer as tendencias da nova tempada. As vendas foron ben e ata houbo negocios nos que tiveron colas.
Imaxe do Outlet de Fene. Marzo 2026
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora