Boat Beam: tres orixes e un mesmo destino

Boat Beam: tres orixes e un mesmo destino

20 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Non é un chiste. Boat Beam é a suma de Josephine, Alisha e Aurora. Unha australiana, unha americana e unha española. Un grupo que usa as cordas da guitarra, a viola, o chelo e o piano para tecer música que soa a Debussy e Satie pero tamén a The Cinematic Orchestra e The Divine Comedy. A música indie de Boat Beam escoitarase pasadomañá xoves no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol dentro do ciclo Novas Noites.

As tres compoñentes de Boat Beam empregan as súas voces para facer cancións como as que cantan Fiona Apple ou Tori Amos pero tamén como as que cantarían escritores como Sylvia Plath ou Patrick Süskind si se adicasen a elo. A banda inspíranse na boa música de Jóhann Jóhannson, The Dresden Dolls e PJ Harvey pero tamén en noutras cousas exquisitas. As súas cancións  aliméntanse das súas experiencias. A súa música soa a libros, a cine, a viaxes. A vida.

O concerto de Boat Beam, o vindeiro xoves ás dez da noite na Capela do Torrente Ballester.O Prezo da entrada ascende a 5 euros. O bono para cinco funcións custa 15 euros.

Cultura