Bodas de ouro en San Valentín

Bodas de ouro en San Valentín
11 de Febreiro, 2021 - 02:18 h. | Publicada por Radio Fene

O barrio de San Valentín cumpre cincuenta anos neste 2021. O café Bar Beiramar celébra o patrón esta fin de semana cun menú especial para levar. Xa levan unhas 30 encargas.

ESCOITA O PODCAST:

50 anos facendo barrio

O barrio de San Valentín cumpre cincuenta anos neste 2021. Astano cedéralle os terreos da Chousa de Perlío en 1967. Formalizouse o contrato coa empresa construtora Hidrocivil para as primeiras 384 vivendas. A primeira etapa estaba previsto finalizarse en setembro de 1970, pero houbo retrasos imprevistos. En marzo de 1971 comezouse a vivir en San Valentín aínda sen auga e sen luz e sen as autorizacións pertinentes por parte das autoridades que non chegarían ata o verán dese ano. En 1972 comezará unha segunda fase con 240 vivendas. O barrio de San Valentín cumpre no 2021, 50 anos de vida.

Aniversario e patrón

O café bar Beiramar súmase á celebración, coincidindo co patrón, cunha comida especial para levar e celebrar na casa. Faino cun menú que empeza co polbo e remata coa paleta de cordeiro. Dese menú especial falounos Eduardo López do Beiramar. O prezo do polbo é de 10€; o codillo asado a 8€ e a paleta dun quilo e medio, a 16 €. Fan un lote de codillo e paleta por 20 euros. Coas comidas, os clientes levarán unhas rifas para optar a premios de xamóns e viño. Con encargar o dia anterior é suficiente. Confesounos Eduardo que esta mañá xa tiña unhas 30 encargas e que o domingo tamén, coma todos os domingos, terán callos para levar, cun prezo de 6 euros.

Pero o Beiramar de San Valentín, único local que sirve comidas para levar neste tempo de pandemia, está ademais alimentando estes dias ao persoal do Sergas que participa no cribado ubicado no barrio. Entre cafés e darlles de comer estiveron ocupados esta semana.

 

(Imaxe do cribado en Fene. San Valentín)

Sociedade

Publica o teu comentario agora