Boiro énchese do recendo das camelias

Boiro énchese do recendo das camelias

11 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

De floración temperá nos meses do outono e inverno a Camelia Sansaqua é  máis resistente que a xapónica  a temperaturas extremas e chans menos ácidos. Plantas ben formadas, uniformes e con moitos botóns de flor. Esta fin de semana celébrase na Casa da Cultura “Ramón Martínez López” de Boiro a “VI Exposición  da Camelia Sansaqua e outras 2009” . Un gran escaparate desta flor e das s&uacu

A mostra ábrese ao público mañá ás doce e media. Á unha do mediodía entregaranse agasallos aos participantes e ofrecerase un aperitivo como antesala á comida de confraternidade que terá lugar no Restaurante “Os Trillizos” ás dúas da tarde. Tras o xantar os asistentes farán unha visita guiada a pé ata os Muíños de Ponte Goiáns. A exposición floral pecharase na xornada sabatina ás oito e media do serán.  

O domingo, último día da mostra, poderase contemplar desde as once da mañá ata as oito do serán, hora de clausura da mesma. 

Sociedade