Boiro volve con máis forza no Día das peñas

Boiro volve con máis forza no Día das peñas

16 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A pasada edición das festas de Boiro 2009, xuntou a un grupo de amigos na sesión vermú que daban cor á rúa peonil, con tradicionais camisetas e panos ao pescozo, na procura de facerse co premio en modalidades tan duras coma o tiro a corda, as carreiras de sacos e incluso clásicos coma levar o ovo na culler. O que nun principio tivera unha tímida resposta do público no chamado Día das peñas, este ano repítese a excelente aceptaci&oa

Este dato non asusta ás peñas máis veteráns, como a Don Paquito, Boliña, Ría de Arousa ou incluso aos integrantes máis novos da peña Don Glotón, que contan con facerse coa vitoria neste ano. Entre as novas incorporación está a da Tasca do Neno, a do Demo, a do Guilligans, a do Miramar, a do Dralión, a do Gavá...           

O día das peñas 2010, será o 5 de Xullo e haberá moitas novidades. A primeira  será a ubicación, posto que incluso a rúa peonil semellaba escasa para 6 peñas, este ano o día celebrarase na praza do Concello. Para animar aos participantes a Orquesta Superfama porá a nota musical na sesión vermú.                       

Ademais das tradicionais probas que darán comezo as 12.00 h (hora na que comezará a competición);  carreira de sacos,  tiro da soga, zancos,  ovo – culler, cabeza na fariña, mazá a medias,  carreira contenedores e máis....despois de deixar tempo para repoñer forzas e voltar a danzar haberá un pinchadiscos que recorrerá as rúas de Boiro cun pasarrúas composto por todas as peñas participantes que rematará as 20.00h na Praza do Concello. Logo entregaranse os trofeos aos premiados e  darase a elección de cambiar a música máis moderna do pinchadiscos polas verbenas tradicionais. 

Para todos aqueles que ainda lle quede curiosidade ou queiran pasalo ben e montar unha peña para o día das festas ata o día 15 de Xuño aínda poden anotarse no Centro Social de Boiro ou no teléfono 620970072.

Sociedade