Bolonia, necesaria homologación europea

Bolonia, necesaria homologación europea

20 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As Universidades Galegas xa empezaron a integrarse no proceso de Bolonia, ou mellor dito, no sistema educativo superior europeo. Belas Artes, da Universidade de Vigo,  Matemáticas e Ciencias Políticas de Santiago máis Socioloxía e Terapia Ocupacional da Coruña, xa o fixeron neste curso 2008-2009.

O proceso é imparable e o curso que ven, 2009- 2010, serán 69 os títulos de grao que de poñan en marcha: 29 titulos da Universidade Coruñesa; 21 de Santiago e 24 da Universidade de Vigo. Son algunhas das informacións verquidas onte na mesa redonda organizada polas Xuventudes Socialistas de Fene. A profesora na Universidade de Vigo, Emilia Seoane, explicou polo miudo a reforma que se aveciña; Azucena Amoroso, estando a favor dos cambios, criticou en nome do estudantado a desinformación reinante mentras que o Xefe de Estudos do IES Fene, Alexandre Ripoll, indagóu nos tópicos que se escoitan sobre o Proceso de Bolonia. Entre eles o da suposta privatizacion da Universidade. Declaraba o catedrático fenés que iso depende de cada páis europeo á hora de aplicalo. Algúns, como Grecia, Francia ou Italia, poden aproveitarse da situación.

Informaba Ripoll que a adaptación das Universidades do Estado ten que servir para aumentar a sua calidade. Afirmou que no ranking de Shangai, das 500 universidades que aparecen, ningunha é española. E recalcou que a reforma universitaria de 1987, a LRU foi desastrosa para a nosa Universidade. 

Sociedade