A bondade é a intelixencia suprema

A bondade é a intelixencia suprema
02 de Agosto, 2022 - 11:08 h. | Publicada por Radio Fene

"A bondade é a intelixencia suprema" afirmou a escritora Eva Veiga no transcurso da "Troula da verba", evento poético cultural celebrado na tarde do domingo no piñeiral da Magdalena en Cabanas. "Cando comezou a TVG, era un tempo de pouca vixiancia" lembrou a poeta que comezou a traballar nos primeiros momentos da televisión galega en 1984. Veiga tamén recitou poemas incluidos no seu libro Quérote canto, escrito a catro mans con Baldo Ramos durante unha estancia no mosteiro de Oseira.

Fotografía Xan Xe

O profesor e músico César Morán falou de Álvaro Cunqueiro, a quen cualificou como o escritor galego máis universal despois de Rosalía. "E un grande xenio ao nivel de Shakespeare ou Borges. Admirado por García Márquez e inventor do realismo máxico" indicou Morán antes de interpretar musicalmente temas compostos a partir de poemas do literato de Mondoñedo. Marcos Filgueira e Lúa Vila organizaron a segunda edición de Troula da Verba contando coa colaboración do Concello de Cabanas. Tamén interviron Roque Sanfiz, da revista Mazarelos e a xornalista Uxía Castro. 

 

Fotografía: Xan Xe Corral

 

Cultura

Publica o teu comentario agora