Borja Golán gaña o seu 8º campionato estatal consecutivo

Borja Golán gaña o seu 8º campionato estatal consecutivo

21 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O xogador de squash de Ames, Borja Golán, vén de conseguir o seu 8º título estatal de squash nun torneo celebrado en Valencia tras impoñerse na final ao catalán Oriol Salvia por un contundente 3-0. Non obstante, os galegos non só reinan na categoría masculina. En mulleres, a viguesa Xisela Aranda fíxose co subcampionato de España.

 

 

 

 

Deportes