Borja Mesa segue no Barallobre

Borja Mesa segue no Barallobre
27 de Abril, 2026 - 11:43 h. | Publicada por Radio Fene

Borja Mesa confirmou que seguirá á fronte do equipo a próxima tempada: "É o sitio onde quero estar, estou moi feliz no Barallobre e a directiva así mo transmitiu". O técnico, xunto a David Seijo na dirección deportiva, xa traballa na confección do novo plantel e en posibles reforzos para facer un equipo "con moita fame e ilusión na Segunda Futgal". Aínda que prefire ser cauto sobre o obxectivo do ascenso ata ver como queda pechada a plantilla en agosto, Mesa asegurou que o club buscará ser "un Barallobre ambicioso e competitivo ao cen por cen".

ESCOITA O PODCAST:

Borja Mesa continuará no Barallobre na tempada 2026-2027:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/270426MESA.mp3

 

Fotografía Xan Xe

O conxunto de Barallobre non puido traer nada positivo da súa visita ao Rápido de Neda (3-1), nun encontro da Segunda Futgal onde a efectividade local e unha temperá expulsión na segunda metade lastraron as opcións dos de Borja Mesa. O partido comezou de cara para os visitantes. O Barallobre saltou ao céspede moi concentrado, controlando o balón e minimizando erros. Froito dese dominio chegou o 0-1, obra de Julien ao transformar un penalti. Porén, o Neda, que vén asinando unha segunda volta con números de ascenso, logrou empatar xusto antes do descanso tras un erro na saída de balón visitante, un golpe psicolóxico que o equipo do Ramo acusou.
Na reanudación, o guión complicouse definitivamente aos dez minutos coa expulsión dun xogador do Barallobre. "Quedar cun menos foi un lastre demasiado duro para os rapaces", recoñeceu Borja Mesa ao remate do encontro. Malia a inferioridade, o equipo seguiu buscando a portería rival e tivo ocasións para igualar o 2-1, pero un gol de córner do Neda no tramo final sentenciou o choque cun 3-1 que o técnico considerou "demasiado castigo para o visto no terreo de xogo".

 

Fotografía Xan Xe

 

Deportes

Publica o teu comentario agora