Bosque autóctono galego

Bosque autóctono galego
06 de Outubro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O arboreto A Cortiña de San Sadurniño é un xardín botánico adicado á protección e o cultivo das árbores autóctonas. Naceu a finais do 2009 co obxectivo de reproducir as formacións boscosas máis representativa de Galicia. Hoxe coñecémolo en Onda ODS.

ESCOITA O PODCAST:

Está situado na ribeira do río Grande de Xuvia ao carón dunha horta de árbores frutais e converteuse, ademais, nun espazo de ocio natural en familia. A Cortiña conserva e divulga o bosque autóctono galego e conta, tamén, coa Fraga Máxica, formada por esculturas de madeira de Marina Goti e Carlos García. Os máis pequenos deixan voar a imaxinación e a fantasía nun lugar ideal para realizar aulas didácticas sobre natureza. O concello de San Sadurniño celebra neste entorno diferentes feiras relacionadas cas plantas e os produtos locais, tal e como explica o concelleiro de desenvolvemento local, Manolo Varela, en Onda ODS.

 

Na imaxe, Manolo Varela, concelleiro de desenvolvemento local de San Sadurniño no Arboreto da Cortiña.

Sociedade

Publica o teu comentario agora