Botarán a alma pola boca

Botarán a alma pola boca
02 de Decembro, 2022 - 12:58 h. | Publicada por Radio Fene

O Maniños viaxa a Boimorto para a decimo terceira xornada da Primeira Galicia de fútbol.. Xogará nun campo de herba natural fronte a un equipo recen descendido, segundo apunta o adestrador do Maniños Pablo Mesa. Os xogadores brancos "botarán a alma pola boca" para traer un resultado positivo.  Boimorto - Maniños. Domingo ás cinco da tarde no campo do Carballal en Boimorto.

ESCOITA O PODCAST:

Crónica coas expectativas dos adestradores:

http://173.255.131.18/audio/021222SANFIZ.mp3

Fotografía Xan Xe

O Eume B visita os Pinares e o Perlío quere comezar a segunda volta sumando tres puntos. Os filiais son equipos formados por xente nova con enerxía e alegría no xogo, lembra o adestrador Gonzalo Beceiro. Perlío - Eume B. Domingo ás catro da tarde no campo dos Pinares de Perlío.

 Como o Perlío, o Maniños B, comeza a segunda volta da liga da Segunda Galicia de fútbol. Nova fase da Liga e novo bloque para o filial do equipo do Pote, advirte o míster Michel Rodríguez. Maniños B - Narón O Freixo. Domingo ás 12 da mañá no campo do Pote.

O Barallobre visita Monfero e tentará guindar un balde de auga fría no equipo do mosteiro para tomar o desquite do resultado negativo da primeira volta, segundo o técnico do Barallobre Miguel Carballeira. Monfero- Barallobre. Domingo ás cinco da tarde no campo do Xestal en Monfero.

Fútbol feminino: Nin arre nin xo!
No fútbol feminino, derbi en Fene, por primeira vez no fútbol once feminino. Terán que espabilar o Maniños e o Perlío na novena xornada do campionato da Segunda División Galega feminina. Enfróntanse o 9º e o 10º clasificado no campo do Maniños. Mañá, sábado, ás seis e media da tarde, no Pote. O adestrador do Perlío, Carlos Carballo, Vinky, agarda un partido complicado, pero bonito. Juanjo Iñiguez "Cebolo" (Cultural Maniños) pensa no partido desta xornada pero tamén nos restantes compromisos deste mes de decembro.

 

Fotografía Xan Xe
 

Deportes

Publica o teu comentario agora