Botar os chícharos

Botar os chícharos
01 de Novembro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

E tempo de botar o chícharo, a ervella, o guisante, unha pranta que procede das zonas de Palestina e Exipto. Soe ser baixa, entre  40 e 200 centímetros dependendo da variedade. A bagoa galega e a televisión son as variedades recomendadas por Luis Pena. Necesita terra solta, ben aireada. É unha especie que tolera ben as baixas temperaturas. Pouco esixente en materia orgánica, non reclama de moito esterco. Botandoo agora poderá recollerse nos primeiros dias de xaneiro. As recomendacións para o chícharo valen tamén para o tirabeque. Os regos hai que separalos medio metro. E entre cada grao debe deixarse cinco centímetros, segundo indica o agricultor Luis Pena. 

 

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Luis Pena sobre o chícharo:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/311025PENA.mp3

Luis Pena en Radio Fene

O potencial do chícharo como fonte proteica en Galicia é moi elevado, xa que a comunidade reúne condicións agroclimáticas óptimas para o seu cultivo como é o clima tépedo e húmido, solos fértiles e unha longa tradición en rotacións forraxeiras. Aporta nitróxeno ao chan e reduce a pegada ambiental. Ten proteinas, aminoacidos e boa dixestión.

 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora