ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Campionato de España de Trial Indoor decídese mañá domingo na Coruña. A partir das seis da tarde no pavillón de Deportes de Riazor dispútase o Trial Indoor Concello da Coruña, última proba valedeira para o campionato. Toni Bou, gañador de todas as probas disputadas até agora este ano, preséntase como favorito, pero o segundo clasificado Albert Cabestany, irá a por todas.
Tamén estará presente na Coruña Adam Raga, ausente nas dúas anteriores citas por unha lesión nun xeonllo. A lista de favoritos aos postos de honra féchanna Jeroni Fajardo e Dani Oliveras, que porán toda a emoción no seis zonas preparadas pola organización (incluída a clásica fervenza de auga).
As entradas están á venda nas páxinas web de atrapalo, tictacticket, Caixa Galicia e Carrefour. Tamén se poderán adquirir nos despachos de billetes do Pavillón Riazor o mesmo día do evento, se aínda quedan entradas dispoñibles. Do mesmo xeito que na edición anterior, o Trial Indoor da Coruña ten un fondo solidario e colabora coa ONG SOS Aldeas Infantís cunha iniciativa que, ademais, pretende achegar a cultura aos lugares máis desfavorecidos do mundo. Aproveitarase o trial para a recollida de libros: por cada libro infantil que se entregue no despacho de billetes, recibirase a cambio unha entrada para menores. O pavillón de Deportes de Riazor estreará para o evento unha serie de reformas realizadas no seu interior.