Boyanka Kostova e Xabier Díaz

Boyanka Kostova e Xabíer Díaz
17 de Xuño, 2022 - 12:58 h. | Publicada por Radio Fene

Cun concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre comezará o venres 1 de xullo o ciclo “Xullo, mes da Patria” que engloba toda a programación organizada pola Concellería de Cultura de Fene ao redor da conmemoración do 25 de xullo, Día da Patria Galega. O ciclo incluirá un monólogo con Pepo Suevos (7 de xullo), festa infantil (8 de xullo), o tradicional Festival de Habaneras e Canto Coral (12 de xullo), pasacalles con Trópico de Grelos + Afro Axé (13 de xullo) e os concertos de Blues do País – Sindicato da Verbena (14 de xullo), Ruxe Ruxe (21 de xullo) e Boyanka Kostova (22 de xullo). O programa concluirá o sábado 23 de xullo coa lectura da declaración institucional polo Día da Patria Galega, a cargo da escritora Ánxela Loureiro.

Boyanka Kostova

A continuación detállanse todas as actividades previstas no ciclo “Xullo, mes da Patria 2022”:
 Venres, 1 de xullo, ás 21:00 h, no paseo marítimo de San Valentín, concerto de Xabier Díaz e
Adufeiras de Salitre, As catedrais silenciadas (Rede Cultural).
 Xoves, 7 de xullo, ás 21:00 h, na praza do alcalde Ramón Souto, monólogo de
Pepo Suevos co espectáculo Humor salvaxe (Rede Cultural).
 Venres, 8 de xullo, ás 18.00 h., festa infantil na Praza do alcalde Ramón Souto.
 Martes, 12 de xullo ás 20:30 horas, Festival de Habaneiras e Canto Coral na Praza do alcalde
Ramón José Souto González, coa participación da Rondalla Estrelecer do CMI Unidade de
Fene; Coral Polifónica da SCRD Agarimo de Sillobre, Coral Polifónica da ACRD O Pote de
Maniños e Rondalla Perla do Río do CCRD de Perlío.
 Mércores, 13 de xullo, ás 20:00 h, pasacalles a cargo de Trópico de Grelos Afro + Axé Danza
pola Avenida do Concello, Avenida de Naturais de Fene e Marqués de Figueroa (Rede Cultural).
 Xoves, 14 de xullo, ás 21:00 h, na praza do alcalde Ramón Souto, concerto de
Blues do País e Sindicato da Verbena (Rede Cultural).
 Xoves, 21 de xullo, ás 21:00 h, na praza do alcalde Ramón Souto, concerto de
Ruxe-Ruxe co espectáculo Xira 2022 (Rede Cultural).
 Venres, 22 de xullo, ás 21:00 h, na praza do alcalde Ramón Souto, concerto de
Boyanka-Kostova co espectáculo Boyanka-Kostova (Rede Cultural).
 Sábado 23 de xullo, ás 13:00 h. no Parque Liñal do río Cádavo (a carón do monumento Día da
Patria Galega), lectura da declaración institucional do Día da Patria Galega a cargo da escritora
Ánxela Loureiro.
Todas as actividades do ciclo “Xullo, mes da Patria” serán con entrada libre e de balde.

Cultura

Publica o teu comentario agora