ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Desmitifica o uso do bozal. “Está mal visto, impresiona ver un can con bozal pero pode ser unha ferramenta útil”, explica a veterinaria etóloga Noemí Graña. Cando e como se debe usar un bozal? O ideal é acostumalo desde pequeno e facelo como se fora un xogo.
“Temos que ter claro que somos responsables do que fagan os nosos cans, é unha cuestión de saúde pública, como medida de seguridade non pasa nada porque leve bozal se está acostumado, de feito é aconsellable”. Respondía así a unha consulta que lle fixo Sabela, propietaria dunha cadela de catro anos, Celta, que ten moito medo e reacciona con agresividade e ladrándolle ás persoas. Noemí aconsella nun primeiro momento evitar que a leve a lugares onde haxa moita xente. “Mellor que de inicio non estea en contacto con persoas e despois facer sesións de modificación de conduta que nalgúns casos pode acompañarse de tratamento médico”, destacou.
Publica o teu comentario agora