Brasil profundo

Brasil profundo
25 de Maio, 2024 - 08:50 h. | Publicada por Radiofusión

Nadia Campos e Guilherme Melo ofrecen o seu concerto Brasil profundo as nove desta noite no Centro Social Gomes Gaioso (Rúa Marconi, 9) da Coruña. Interpretarán pezas do cancioneiro popular tradicional do seu país. Haberá congada, folia de reis, coco e batuques,entre outros ritmos do sertao.

Fotografia Xan Xe

Nadia e Guilherme interpretan coa súa voz pero tamén coa guitarra, viola caipira e percusión. A entrada é de balde.

Despois do concerto da Coruña, visitarán a serra do Courel, antes de proseguir a súa xira por Barcelona, Zaragoza, Francia, Porto e Lisboa.

Cultura

Publica o teu comentario agora