Brecha no Perlío

Brecha no Perlío
03 de Novembro, 2025 - 10:09 h. | Publicada por Radio Fene

Nun lance de xogo, nunha disputa, Javi Varela e un xogador do Olímpico de Rutis chocaron cabeza con cabeza, o que lle provocou ao do Perlío unha brecha con sangue no minuto 37 de partido. Tivo que ir ao hospital. Perdeu un pouco a visión, porque lle empezou a hinchar o párpado. Déronlle catro grapas e antes de finalizar o partido da Primeira Futgal xa estaba recuperado nos Pinares.

Fotografía Xan Xe

O lance ocorreu no partido de fútbol entre o Perlío e o Olímpico de Rutis xogado na mañá do domingo e que finalizou cun empate a 3 trantos. 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora