Brinca vai por Santa Olaia

A parroquia fenesa de Limodre celebra á súa patroa co espectáculo Brinca Vai de Paco Nogueiras
01 de Decembro, 2019 - 10:30 h. | Publicada por Radio Fene

Paco Nogueiras actúa na festa de Santa Olaia de Limodre que se celébra o domingo 8 de decembro. Organiza os actos a asociación veciñal que preside Ana Santiago.

Festas patronais no inverno poucas hai pero a parroquia de Limodre non pasa nunca por alto a súa Santa Olaia, virxe martir celebrada o 10 de decembro. A Asociación Veciñal de Limodre é quen mantén a celebración cada ano cunha festa que non pode ser como as do verán, ao ar libre.

Este ano vanna celebrar na fín de semana da ponte da Constitución, o domingo 8 de decembro. O cuarteto Arela fará un pasarrúas desde as 10 da mañá pola parroquia e ás 11,30h comezará a misa en honor á patroa. (Na imaxe a igrexa barroca de Santa Olaia, ubicada no lugar do Campanario- Limodre)

Para todos os públicos e especialmente o máis miúdo, a entidade veciñal que preside Ana Santiago, convidou a actuar no local veciñal Juan Varela, a Paco Nogueiras. Ás 17:30h presentará en Limodre o seu espectáculo musical “Brinca vai”. A xornada acabará coa solta de foguetes ao ceo.

Cultura

Publica o teu comentario agora