Broche de ouro para a Festa das Letras Galegas no Círculo de Fene

Broche de ouro para a Festa das Letras Galegas no Círculo de Fene

21 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Preséntase este sábado no CMI Unidade de Fene a obra gañadora da XXII edición do Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé, “A estación única dunha illa”, de Ramón Nieto. No acto, que comezará ás oito do serán, participarán, amais do autor, o presidente do Círculo Mercantil, Xosé Manuel Romero; o Alcalde de Fene, Iván Puentes, e o escritor e coordenador do certame, Eduardo Est&eac

“A estación única dunha illa” é un “libro impecable no que ningún elemento se deixa ao azar. É un poemario con moitas referencias mariñeiras e unha apreciación moi interesante sobre o tempo, máis próxima á cultura oriental que á nosa. Ademais, é un traballo no que Ramón Nieto emprega técnicas poéticas moi diversas (versos libres, versos medidos, prosa poética…) e un vocabulario moi rico”.  Con estas palabras define Eduardo Estévez, coordenador do Premio Pérez Parallé, o libro gañador da última edición do certame que se fallou en novembro do ano pasado. O xurado que concedeu o premio estivo formado polo poeta e artista plástico Baldo Ramos, Carmen Bar, ex-directora da biblioteca de Narón e Susana Sánchez Aríns, gañadora da XXI edición do premio.

Recén saído do prelo, o poemario “A estación única dunha illa” preséntase este  sábado no que será un acto “sinxelo pero bonito”, en palabras de Estévez. No decurso da velada, combinaranse os discursos institucionais cos comentarios sobre a obra de Ramón Nieto e cunha lectura de poemas a cargo do propio autor. Ao remate, actuará o grupo A Requinta de Xián.

O Premio Nacional de Poesía Xose María Pérez Parallé convócase dende hai 22 anos para homenaxear a figura do poeta ferrolán que tan importante labor realizara no ámbito da sociedade fenesa en defensa da lingua e da literatura galega.

Sociedade