Bronco e intenso

Perlío 2- Cariño 2
30 de Abril, 2019 - 01:49 h. | Publicada por Radio Fene

O empate nos últimos minutos do encontro desquiciou aos adestradores do Cariño e soupo a gloria ao Perlío no seu conxunto.

ESCOITA O PODCAST:

O Perlío feminino segue na compatición de copa a pesar do intenso, bronco e costa arriba que se fixo o choque co Cariño o domingo nos Pinares. Juanjo Lorenzo cre que o mellor do encontro foi o resultado, o empate a dous. Carla e Sofía marcaron os goles que siguen dando azos ao equipo para chagar a semifinais.

O próximo encontro será nos Pinares fronte a As Pontes e despois toca o Eume deportivo.

Noutra orde de cousas, dúas xogadoras do Perlío forman parte da selección da comarca que mañá mércores 1º de maio se enfrenta ao Betanzos no campo da Pedreira de Mugardos. Un choque digno de ver de futbol feminino, mañá ás 12 do mediodía.

Deportes

Publica o teu comentario agora