ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O ritmo que Bule imprime aos seus concertos, enlazando unha canción con outra, da sentido ao leit motiv que repiten os seus seareiros, “non vale parar”. Porque esta banda, que bebe das fontes do punk dos 80, son pura enerxía no escenario.
Laméntanse amargamente que o tipo de macro-concertos tan de moda non fomenten a interacción cos grupos e a fluidez que se produce cando un grupo no escenario conecta co público que escoita, e que neles primen os intereses económicos e non os musicais.
Pablo, Chelen, Óscar e Jetu, son os compoñentes de Bule, e, aínda que a banda comeza a súa andaina en 2017, todos eles teñen unha ampla experiencia musical en grupos como Weather Underground, Lost Psychotics, Zinza, Arenga, V de Burro, e algúns máis.
Neste ano publicaron o seu primeiro longa duración, “Agora ou nunca”, un disco no que traballaron con intensidade porque quixeron coidar o resultado de principio ao fin. Agora están a presentalo nunha xira de concertos que se prolongará ata o inverno. Por suposto, nos seus concertos...non vale parar.
Imaxe: Lorena Teijeiro
Publica o teu comentario agora