Buques e tuberías

Os concellos da ría xúntanse para abordar os problemas da tubaxe e a carga de traballo de Navantia
30 de Xullo, 2019 - 01:19 h. | Publicada por Radio Fene

A tubaxe da ría ten unha fuga que amañar. O astaleiro propón un novo proxecto para solucionar o problema da carga de traballo.

ESCOITA O PODCAST:

Tres millóns de euros custaría unha nova tubaxe para conducir a auga de Ferrol aos concellos do sur da ría: Fene, Ares e Mugardos. En palabras do alcalde de Fene, esta é unha cantidade inasumible que debe contar coa colaboración de concellos e institucións. Esa é unha solución de futuro pero, de momento, a necesidade inmediata pasa por amañar os problemas da fuga localizada no tramo da ponte na zona de Fene. Segundo Gumersindo Galego hai que amañar esa fuga e que no futuro queden practicables a nova tubaxe e a vella como reserva. Do futuro falou así o alcalde fenés.

Os alcaldes dos tres concellos xa mantiveron unha xuntanza previa á da Mancomunidade, coa Conselleira Ethel Vázquez e coa directora de Augas de Galicia que prometeu asistencia técnica no proceso.

Tamén comentou o alcalde a situación da carga de traballo de Navantia. Se ben é certo que vanse construir cinco fragatas novas en Ferrol, este proxecto non comezaría ata dentro de 5 anos e, tras a botadura do último barco para Australia agora a finais de agosto, o estaleiro quedaría en parón, especialmente no gremio de aceiros.

Ante esta situación comité de empresa de Navantia ideou unha solución, que aplaude a Mancomunidade de municipios: a construcción dun buque xemelgo de O Patiño. Plantéxase esta solución porque os traballos de inxeñería xa estarían feitos ao tratarse dun buque xemelgo e a construcción podería comezar nun breve prazo. Outra solución que propoñen é a de adiantar a construcción das novas fragatas.

Institucional

Publica o teu comentario agora