Burela comeza o Antroido este domingo

Burela comeza o Antroido este domingo

25 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Un taller de maquillaxe e máscaras, un obradoiro de doces desta época e una cea baile son aslgunhas das iniciativas preparadas no en Burela para recibir e celebrar os días de Antroido. A concelleira de Cultura  Neves Cando anunciou os actos que están previstos para os próximos días.

Este domingo 27 de febrero todos os nenos e nenas de Burela que o desexen poderán participar nun taller de maquillaxe, máscaras e disfraces que organiza a sociedade cultural Ledicia no seu local social a partires das cinco da tarde. Para os días 3 e 4 de marzo a Asociación de Amas de Casa de-senvolverá un obradoiro de doces de Antroido, tamén no seu local social situado no concello mari-ñano. Os interesados en aprender a preparar rosquillas, orellas, filloas ou buñuelos deberán anotarse na Casa do Concello. Despois dos doces, o mesmo venres día 4 a comisión das festas patronais de Burela organiza unha cea-baile e o domingo 6 poderase disfrutar dunha chocolatada tamén con bai-le.
O primeiro pasarúas do Antroido terá lugar a cargo das charangas da localicade A Pataqueirada e O Mellor de Cada Casa o luns a partires das 7 da tarde e rematará coa actuación na Praza da Mariña da orquestra Océano. O martes 8, día grande do antroido de Burela, terá lugar o desfile polas rúas da vila e entre os participantes repartiranse 3.000 euros en premios. O mércores 9 o enterro da sardiña rematará coas celebracións.
Neves Cando lembrou que “este ano por primeira os actos do Antroido serán anunciados nun cartel elaborado por tres rapazas de Burela, que resultaron gañadoras da votación popular que se levou a cabo entre todos os carteis presentados ao concurso que convocamos a tal efecto”.

Sociedade