ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O marido da muller de 37 anos desaparecida o pasado domingo en Vilaboa (Pontevedra) ingresou na prisión de Monterroso, en Lugo, onde residía a parella, mentres a Garda Civil traballa na procura desta persoa. Os labores de rastrexo tiveron lugar na tarde do luns en Teixeiro e nestes momentos están centradas en diversas zonas da provincia da Coruña a indicacións do marido da desaparecida en sede xudicial, precisaron as fontes.
Aínda que non consta que a muller, natural de Poio, Pontevedra, presentase denuncias por violencia de xénero, as forzas de seguridade, que cualifican esta desaparición de alto "risco", teñen coñecemento por terceiras persoas de que o ano pasado puido sufrir un episodio de malos tratos no ámbito familiar.
Contactada no seu día por efectivos policiais para facilitar a presentación dunha denuncia, non quixo dar este paso e negou posibles episodios violentos, precisaron as fontes.
A denuncia da súa desaparición foi presentada por un familiar o pasado domingo na Comandancia da Garda Civil de Pontevedra. Segundo a súa versión, o home meteuna á forza no vehículo en Vilaboa e emprendeu viaxe en dirección a Lugo. Afirmou que a muller se lle escapou do coche nunha estación de servizo en Teixeiro.