Buscando emprego

Buscando emprego

16 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Bolsa de traballo, axudas a desempregados, feiras de emprego, prácticas laborais. Son algunhas das informacións que se centralizan nun novo portal web que xa está na rede. Trátase dunha iniciativa da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local de Ordes.

O Concello de Ordes ven de poñer en marcha unha nova plataforma informática dirixida especialemente ós desempregados que están nun proceso de búsqueda activa de emprego. Trátase dun portal on line de búsqueda de emprego que pretende contribuir e axudar a todas as persoas que queiran e precisen atopar un posto de traballo, e que se actualizará cada semana. Para elo a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local valerase non só dos medios de comunicación senón dos datos aportados por distintos organismos e institucións.

     Para acceder a este novo boletín de búsqueda de emprego basta con premer o link que aparece na páxina www.concellodeordes.com. Deste xeito se poderán consultar as principais ofertas tanto do municipio como da comarca, provincia e incluso doutros puntos da xeografía galega. Tamén se porá a disposición dos usuarios o boletín de ofertas elaborado pola Cruz Vermella. Non será a única información á que se teña acceso a través deste boletín, xa que tamén se poderán consultar diferentes  accións formativas e outras novas de interese relacionadas co ámbito laboral. Éstas atenden a feiras de emprego, becas e axudas a desempregados, prácticas laborais, etc.

    Tal e como viña sucedendo ata agora este boletín de emprego continuarase editando en formato papel, que se poderá recoller tanto no Concello como na biblioteca municipal.

Sociedade