Buscar solucións

Buscar solucións
10 de Xuño, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A subxectividade da nosa percepción, a influencia das emocións, a des-información e os intereses contrapostos son os principais motivos de conflito. Dos conflitos e de como afrontalos falounos no espazo Vilanova o psicólogo José Barcia.

ESCOITA O PODCAST:

“Focalicemos no comportamento, non na persoa, en buscar solucións e non nos problemas”, recomenda Barcia Tuccelli. Convén, primeiro de nada, coñecernos a nós mesmos. Darnos conta de se estamos baixo o influxo emocional, e se o noso estado de ánimo pode condicionar o que percibimos.  “Seguramente a outra persoa está defendendo o seu punto de vista, non ten que significar que vai contra nós”, apunta o especialista.

Sociedade

Publica o teu comentario agora