ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Entre Marbella e Torremolinos titúlase a mostra fotográfica que podemos visitar, ata o 29 de febreiro, na sala de exposicións da Deputación de Lugo. As imaxes de Xosé Reigosa, lonxe de levarnos a puntos turísticos da costa mediterránea, adéntrannos no Hospital Psiquiátrico San Rafael de Castro de Rei. O título fai referencia ás areas de descanso do centro: Marbella é o nome que recibía o pavillón-sola
A mostra coincide co peche definitivo do centro psiquiátrico de Castro de Rei, inaugurado en 1953 e construído seguindo o modelo do labirinto panóptico (a cadea perfecta). Entre Marbella e Torremolinos (imaxes de manicomio) permítenos reflexionar sobre a exclusión, os estigmas, o esquecemento, a desesperación ou o afastamento.
Xunto coa mostra fotográfica proxéctase un documental de 30 minutos de duración. O vídeo pódese visualizar en todos os museos dependentes da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, sempre ás cinco da tarde. Púxose ademais en marcha, de xeito paralelo á exposición, un programa de actividades complementarias que inclúe conferencias, mesas redondas, obradoiros e visitas guiadas.