ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Máis de trinta e cinco mil galegos e galegas teñen secuelas dun ictus. Un quince por cento de persoas non o superan. A doenza cardiovascular afecta aos vasos sanguineos que suministran sangue ao cerebro.
O día do ictus celébrase mañá sábado vintenove de outubro. En colaboración coa Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela e coa Sociedade Galega de Neuroloxía (SGN), FEGADACE pasa esta mañá informando sobre a identificación dos síntomas de alarma do ictus e sobre os diferentes mecanismos que axudan a previr esa doenza, no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
Para a prevención do ictus un dos factores importantes é o control da tensión arterial, segundo o doutor Jorge Yáñez. Levar unha dieta equilibrada e evitar hábitos nocivos para a saúde pode previr a súa aparición. A hipertensión arterial, o tabaquismo, as enfermidades cardíacas, a diabetes, o aumento do colesterol, o consumo excesivo de bebidas alcohólicas, o consumo de drogas, o sedentarismo e a obesidade son factores de risco que favorecen o seu desenvolvemento.
Actividade: Coloquio ‘Ictus en primeira persoa’
Data: Sábado, 29/10/2016
Hora: 12:30 a 13:30
Lugar: Auditorio Afundación (Rúa do Vilar, 19). Santiago de Compostela
Organiza: FEGADACE
Esta actividade divulgativa vai estar protagonizada por Susana Arias, neuróloga do CHUS e membro da SGN, Fernando Galdo, familiar e coidador da súa nai, que tivo un ictus, e Juan Luis Delgado, membro da directiva de ADACECO (Asociación de Dano Cerebral da Coruña) que tivo un ictus e falará do mesmo en primeira persoa. Ademais, José Manuel Fandiño, coordinador de Urxencias do CHUAC, vai falar do Código Ictus e presentar o Plan Ictus do Sergas.