Cómo dar malas noticias

Como dar malas noticias
07 de Agosto, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A ninguén lle presta dar malas noticias. “Sentímonos responsábeis das consecuencias desas novas” indica o psicólogo Jose Barcia: “Normalmente ás persoas non nos gusta facer sufrir a outros”. Para afrontar esas circunstancias, requírese empatía, tempo e a búsqueda dun lugar adecuado. “Hai persoas ás que non lle gusta que outros poidan manifestar as emocións, xente á que lle incomoda moito a dor allea”. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografia Xan Xe

As contornas sanitarias programan estratexias e protocolos para que as malas novas se dean do mellor xeito posible. Do asunto falamos no espazo Vilanova, na Fenestra de Radio Fene.

 

 

Imaxe: Castiñeiro caído nun temporal en Maniños.

Fotografía Xan XE

Sociedade

Publica o teu comentario agora