Cómpre poñer en valor a Castelao

Cómpre poñer en valor a Castelao
25 de Febreiro, 2025 - 10:00 h. | Publicada por Radio Fene

2025 ten sido recoñecido como Ano Castelao en celebración do 75 aniversario do pasamento de Castelao, seguramente unha das figuras máis representativas da nosa sociedade e que o é, ademais, en moitos aspectos. Porque Castelao é unha figura poliédrica que vai mais aló do debuxante, do narrador e ensaísta, do activista político e criador de doutrina, unha figura que compre redescubrir e poñer en valor. Ademais de homenaxes institucionais, máis ou menos inspirados, o mundo académico, literario e editorial toman parte neste recoñecemento a través de traballos tan rigorosos e, ao tempo, tan afectivos como o asinado por Pilar Garcia Negro “Arredor de Castelao no século XXI”, unha reedición dun traballo presentado en 2001 pola autora a través de Promocións Culturais Galegas que hoxe reedita Edicións Laiovento.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Pilar García Negro sobre "Arredor de Castelao no século XXI". Participan Ana Santiago e Antonio Tizón.

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/240225NEGRO.mp3

Fotografia Xan Xe

O Panteón de Galegos Ilustres acolle os restos dunha das máis grandes personalidades literarias e políticas do noso país, pero quedan pendentes moitos recoñecementos que teñen que ir máis aló da denominación de “Ano Castelao” ao 2025. Pilar Garcia Negro reclama un museo no que a figura do rianxeiro poida abarcarse en toda a súa dimensión. A súa arte, a súa literatura e o seu pensamento político, todo elo, de xeito dificilmente disoluble, ten contribuído ao constructo social que hoxe somos.

 

 

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora