"Cústame matar" afirma María Rei

"Cústame matar" afirma María Rei
07 de Outubro, 2021 - 01:02 h. | Publicada por Radio Fene

“Cústame matar” afirma a autora de “Flores de ferro” María Rei. Parécelle difícil relatar determinados sucesos sen caer na esaxeración ou no melodrama. Cústalle moito matar, porque quere chegar á xente máis nova e lograr que se achegue á historia contemporánea.  “Tiven que facer unha certa contención pero eu chorei escribindo algunhas escenas, porque hai acontecementos moi tráxicos que teñen moitas consecuencias” explica a escritora. 

ESCOITA O PODCAST:
Clube de lectura de Radio Fene Radiofusión

A novela naceu da necesidade de saldar unha débeda coa xeración da súa nai, mulleres que viviron na ditadura. María Rei medrou rodeada de moitos silencios. “Doume moitísimo traballo a estrutura, escribila desde tres puntos de vista e que non se repitan as escenas, creo que está ben pulida pero iso ten que dicilo quen o lea” indica a literata xa traballa noutra novela, que aínda está en fase inicial. Flores de Ferro comeza con dúas árbores xenealóxicas dos protagonistas da novela. Unha delas, Camila, vive no seo dunha mentira, alimentada por distintas complicidades. O texto reivindica o protagonismo da muller, tantas veces vítima silenciosa e silenciada. A dosificación da intriga é un dos acertos da autora de “Flores de ferro”, premio Garcia Barros de novela 2020. María Rei constrúe unha sólida estrutura narrativa que atrapa á persoa lectora desde as primeiras páxinas do libro editado por Galaxia.

 

Fotografía: Xan Xe Corral
 

Cultura

Publica o teu comentario agora