ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Entre os ríos Eume e Sesín, sobre dun montículo rochoso, foi levantado o Mosteiro de Caaveiro que visitamos coa experta en Turismo Estefanía Purriños. As súas orixes remóntanse ó século IX.
Un monumento no corazón das fragas do Eume que viviu os avatares da nosa historia. O Mosteiro exercía señorío e xurisdición sobre a meirande parte das terras dende o Eume ao Xuvia. Chegouse a formar o concello de Caaveiro, anexionado ao da Capela no comezo do século XX, explicou Estefanía Purriños.
Un documento do ano 834 recolle a doazón real que fixo ao Mosteiro Bermudo, rei de Galicia. Un século despois X San Rosendo funda un cenobio. Nun primeiro momento pertenceu á Orde de San Bieito, e xa no século XII vivían nel os cóengos regulares de San Agostiño, con carácter de Real Colexiata, ata que se aboándoo no 1806 ao morrer o último prior, Miguel Mon. A comunidade foi mimada polos monarcas galegos Afonso VII, Fernando II e Afonso IX, que lle concederon non poucos privilexios e beneficios ao longo dos séculos XII e XIII. Tamén seguiron esa mesma política os reis casteláns Fernando III, Afonso X e Sancho IV entre outros. Coa desamortización de Mendizábal no 1836 tódolos bens da comunidade foron vendidos polo Estado a particulares. As reliquias de San Rosendo foron levadas a Santiago, e ás igrexas da Capela e Soaserra varias imaxes e as campás da torre da igrexa.
Publica o teu comentario agora